O pasado 23 de setembro, o clube participou no Torneo de Ourense de combate, proba puntuable para o Ranking, con 4 deportistas. 3 deles lograron subir o podio, nun moi bo comezo da temporada para a sección de Taekwondo do Clube
Os resultados da xornada foron:
- Anxo Mendez prata
- Samuel Mendez bronce
- Xoel de la Iglesia bronce
- Carla Martinez, non logra o podio
Todos eles mostraron unha gran evolución, polo que o clube se sinte forte para afrontar a nova temporada.