Spanish Open 2018

Spanish Open 2018

Por fin chega a cita mais importante do segundo semestre do ano, para a sección de baile deportivo do noso clube.

Durante os dias da ponte de decembro, celebrase en Guadalajara a Copa Promoción e o Campeonato de España 10 bailes 2018 entre outros motivos eventos.

O clube logrou clasificar a tres parellas para a promoción.

Nesta ocasión son tres parellas youth, cada unha nunha categoría distinta.

  • Brais e Maria, youth territorial 2 latino
  • Alberto e Mar, youth Territorial 1 standard
  • Vicente e Laura, youth C latino e C standard

Desexamoslles moitisima sorte,  ainda que estamos xa mais que satisfeitos porque sabemos como están en forma, e motivados para a proba.

Por outra banda, Cristian e Melani participarán no seu primeiro Campionato de España 10 Bailes, na categoria absoluta. 

Viaxarán acompañados dos seus entrenadores Juan Carlos Diaz e Graciela Toba.

Moita sorte a todos eles.

Orgullo A&M