SAMUEL MENDEZ, forma parte oficialmente da SELECCION GALEGA DE TAEKWONDO
PARTICIPARÁ ESTE SÁBADO EN VIZCAYA coa Selección.
O pasado 7 de abril Samuel Mendez (Muxia, 14 anos), logrou o titulo de CAMPION GALEGO CADETE 2018, no Campionato celebrado en Ordes.
Un titulo ó que aspirábamos porque sabiamos que podiamos logralo, pero ibamos a competir con todo o respeto ós rivais.
Este título, supón un gran paso para el, porque supón un obxetivo cumplido, pero tamén porque lle abre moitas portas.
A primeira consecuencia é que esta semana se nos notificou que Samuel Méndez, foi convocado pola SELECCION GALEGA de Taekwondo, para viaxar e participar representando a Galicia este sábado, no Open XVI Garriko Arrigorriaga (Vizcaya)
Unha estupenda noticia, SAMUEL MENDEZ, pasa a formar parte oficialmente da SELECCION GALEGA, e participará tamén no Campionato de España de este ano 2018.
A partir de agora, será convocado pola Seleccion Galega, para participar nos distintos Opens ós que se presente Galicia, e que lle servirán a Samuel de adestramento para seguir subindo o seu nivel, de aqui ó Campionato de España.