RESULTADOS- Samuel Méndez- OPEN DE ARRIGORRIAGA

RESULTADOS- Samuel Méndez- OPEN DE ARRIGORRIAGA

Samuel Méndez (Muxía, 14 anos), participaba o pasado 13 de abril, no Open de Arrigorriaga (Vizcaya), formando parte da Selección Galega de combate.

Samuel logrou vencer no primeiro combate por 9-5 e na final tamén pero por un impresionante 22-1.

Así Samuel voltou de Vizcaia como Campión do Open, e xunto cos seus compañeiros da Selección Galega, permitiron que a nosa selección se proclamase vencedora.

Samuel está vivindo un momento moi especial na sua carreira deportiva

A&M orgulloso dos seus deportistas!!