Fai un mes coñecíamos os seleccionados para participar na Copa Promoción de Baile Deportivo, donde se disputa o ascenso de categoría.
Logramos que 4 parellas do clube fosen seleccionadas:
Vicente e Laura en standard 1ª territorial, Raul e Mara en standard 2ª territorial, Cristian e Melani en Standard C Nacional, e Ivan e Maria en territorial 2ª standard.
Aproveitamos a viaxe para participar nas duas probas puntuables que envolvian a Copa Promocion e que nos servían para entrenar en pista.
Pero onde realmente nos xogábamos moito foi na Promoción, onde logramos:
– ascenso a B nacional en bailes standard, de Cristian e Melani tras gañar o ouro na Copa Promocion.
– Raul e Mara acenso a territorial 2 en Bailes Standandard.
– Vicente e Laura logran un bronce de 6 parellas que lles asegura o ascenso en febreiro.
– Ivan e Maria logran un 5 de 7 parellas, un gran posto para ser a sua primeira promocion. A un posto de lograr o 50% deseado
Dos Trofeos recollemos varios podios, destacando o de youth standard territorial one os 3 primeiros postos eran nosos.
Foi tamen especial a competición xa que se entrenaban na Categoria C youth duas xóvenes parellas: Vicente e Laura, Raul e Mara.
A viaxe transcurriu sin incidentes, os 10 deportistas participantes, viaxaron acompañados únicamente da sua entrenadora Graciela Toba.