O pasado sábado a sección de Taekwondo do Clube participou no Copa Cidade Da Coruña de combate, puntuable para o ranking galego da FGT
Pola maña foi o turno de Daniel Caamaño, logrando o bronce na liga B, superando un combate

Xa Pola tarde:
– Roi Caamaño, gaña tres combates, perdendo na final, conseguindo por tanto a prata.

– Andrea Garcia, supera os seus dous combates, logrando un ouro.

– Xoel de la Iglesia gaña o primeiro Combate acadando un bronce.

– Anxo Mendez non logrou superar o seu primeiro rival nesta ocasion.
O seu compañeiro Samuel Mendez, non puido participar por estar recuperandose dunha intervencion, pero estivo con eles acompañandoos.

Noraboa a todos os deportistas, e tamen o seu coach Gonzalo Martinez Calvo, que os acompañou na xornada de hoxe