Outra vez máis o Club Arte e Movemento consigue que un dos seus deportitas entre no Centro Galego de Tecnificación Deportiva
Samuel Méndez Leis, de catorce anos, foi seleccionado para entrar a formar parte do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, situado en Pontevedra. Alí espérano catro anos nos que o xoven taekwondista a parte de practicar o deporte que realmente o ilusiona cursará os seus estudos, podendo así compaxinar eduación e deporte.
Tiña cinco anos cando pegou a súa primeira patada de taekwondo en Arte e Movemento, e tras nove anos de adicación e esforzo xa se converteu nun deportita de élite.Pero non foi unha tarefa fácil xa que a entrada no centro non depende só dun factor, senón que debes ter un alto nivel deportivo así como tamén boas cualificacións nos estudos, e neste caso, Samuel Méndez demostrou ser un bo deportista e un bo estudante.
Sen ir máis lonxe, nesta tempada xa obtivo bos resultados da man do seu club e incluso se fixo co Campionato Galego de Combate na categoría cadete, pasando así a formar parte da selección galega coa que tamén colleitou moi bos resultados.
O Club Arte e Movemento agradece especialmente o apoio por parte da familia posto que foi fundamental para que Samuel chegase a tan alto nivel e para que poida continuar a súa carreira deportiva