Xa perdemos a conta, de cantos anos seguidos levamos visitando Marina D’or nestas datas. Sempre é para participar na Copa Promoción, proba na que as parellas seleccionadas pola FEBD, compiten entre si, para medir o seu nivel, e lograr o ascenso.
Xa é de celebrar, lograr de novo que 3 das nosas parellas fosen seleccionadas.
A condición é estar no 50% superior do ranking nacional da sus categoría.
Ata ala van:
– Vicente e Laura, tanto en latinos como standard youth C nacional, para lograr o ascenso a B nacional. (Facendo justo un ano que temen en Marina D’or lograran o ascenso a C nacional en standard)
– Brais e Maria, na sua segunda promoción, en territorial 2ª youth latinos, para lograr o ascenso a 1ª territorial
– Nacho e Iria, que participan na sua primeira Copa Promoción, en latinos junior 2, 2ª territorial, para lograr o ascenso a 1ª territorial.
Como sempre, participamos mais ca satisfeitos co traballo dos nosos deportistas e coa sua actitude, que sempre é intachable. Informaremos dos resultados.
A&M Sumando Experiencias