CAMPIONATO DE ESPAÑA CARIBEÑOS, LATINOS e COPA PROMOCION

CAMPIONATO DE ESPAÑA CARIBEÑOS, LATINOS e COPA PROMOCION

NON HAI MAIS ENTRENOS…

Hoxe comeza unha gran fin de semana. Trofeo +Campionato de España Caribeños +Campionato de España Salsa Shine+ Campionato de España Caribbean Show Dance+ Copa Promoción+ Campionato de España Latinos.

Case que asusta tanto xunto!!

VENRES

Para comenzar de forma suave a fin de semana, hoxe venres participamos no Trofeo puntuable para o Ranking Ourense Provincia Termal:

  • Ivan e Maria (Muxia 16 anos, Cee 15 anos, ), no grupo youth territorial latinos e standard
  • Cristian e Melani (Cee 22 anos, Santa Comba 22 anos) en adulto B latinos e standard

Estaremos tamén no Congreso de Baile, para aprender dos grandes Claudio e Armanda di Stazio e ali estaremos disfrutando do seu show pola noite.

SÁBADO 

Campionato de España de Bailes Caribeños 2018, onde presentamos 2 parellas no grupo Youth, con moitas aspiracións, xa que son os actuáis campions e subcampins galegos

  • Alberto e Noelia (Muxia, Mazaricos, 17 anos)
  • Vicente e Laura (Ourense 17 anos, Cee 16 anos)

No Campionato de España de Salsa Shine, presentamos a 4 deportistas en Salsa Shine Junior Feminina, tamén con moita ilusión:

  • Soraya Santos (Cee, 13 anos)
  • Lucia Pose (Muxia, 12 anos)
  • Gisela Fernandez (Mazaricos, 15 anos)
  • Laura Martinez (Cee, 12 anos)

E tamen en Over 16 masculino:

  • Alberto Martínez (Muxia, 17 anos)

No Campionato de España de Caribbean Show Dance, presentamos ó grupo invicto de esta temporada «Pantera’s Mambo» que loitará tamén polo título nacional, senda as actuáis Campionas galegas.

DOMINGO:

Chega a Copa Promoción, onde duas parellas lograron clasificarse tras posicionarse no 50% do Ranking nacional do seu grupo de idade. Ambas parellas participan, con confianza e co traballo feito:

  • Alberto e Mar (Muxia e Cee, 17 anos) en youth territorial 1 latinos
  • Vicente e Laura (Ourense 17 anos, Cee 16 anos) en youth C latinos e Standard.

No Campionato de España de Bailes Latinos, participa unha parella do clube, na sua primeira vez neste campionato de alto nivel, no que aspiramos aprender moito da experiencia e medirnos con toda España:

  • Cristian e Melani, en Categoria Absoluta

Un último empujón para rematar a temporada deportiva.

Moitísima sorte a todos, sodes uns grandes loitadores e grandes deportistas.

A&M